Galicia

O Corredor do Morrazo, en sentido Cangas, segue pechado ao tráfico tras o desprendemento dun noiro por mor do temporal

corredor-morrazo2O Goberno de Galicia manterá pechado ao tráfico o Corredor do Morrazo, en sentido Cangas, ata que se rematen as actuacións que se están a executar para garantir a seguridade nesta vía.

O restablecemento da circulación por este treito, entre os PK 0 e 3 do corredor, estaba prevista para finais deste sábado, pero as fortes chuvias desta tarde produciron pequenos desprendementos do noiro na zona. Neste sentido, os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas continúan traballando para resolver este problema o antes posible.

Na estrada están a traballar un total de tres camións e unha retroescavadora, que xa despexaron a calzada. Continúan coa instalación de barreiras no noiro para evitar a acumulación de auga e novos desprendementos.

A Axencia Galega de Infraestruturas tamén se coordinou coa Consellería do Mar para a colocación dunhas barreiras na liña litoral co fin de evitar que posibles vertidos poidan chegar ao mar.

También te puede interesar