Dende este luns, día 15 de febreiro e ata o vindeiro día 26, ambos inclusive, pódense presentar as solicitudes para optar a unha das ‘becas de inglés’ do Concello. Hai que lembrar que as “Bases reguladoras e convocatorias ordinaria e extraordinaria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa “Vigo en Ingles 2016”, foron aprobadas a finais do mes pasado e que as axudas están dirixidas ao alumnado de 3º de ESO e de 2º de Bacharelato de centros educativos de Vigo.
As solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello e as bases, impresos de solicitude e anexos para participar na convocatoria atópanse na oficina do Programa Vigo en Inglés ou pódense descargar premendo aquí.
Para máis información ou formular calquera consulta debe dirixirse a: Oficina Programa Vigo en Inglés, no Concello, Servizo de Educación, Planta 11ª, por no enderezo de e-mail: [email protected] ou chamando ao teléfono 986 810181.