SOS Meixoeiro ven de convocar unha cadea humana que quere rodear o hospital, o domingo día 13 “contra a privatización, desmantelamento e as listas de espera”.
SOS Meixoeiro xa denunciou en numerosas ocasións a completa desatención do centro: o pasado día 16 de febreiro denunciara que a auga da choiva entrara na zona de consultas e de quirófanos, e advertiron, daquela, que o feito debeuse á paralización das reformas no hospital e o abandono do mesmo por parte dos representantes da Área Sanitaria de Vigo.
O día 26, centos de persoas atenderon a súa convocatoria e fixeron unha sentada na entrada principal do hospital para advertir aos doentes da intención do Servizo Galego de Saúde (Sergas) de botar abaixo a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e a Rea Cardíaca.
Nas pasadas semanas SOS Meixoeiro advertiu que que, agora mesmo, o hospital non pode dar unha resposta inmediata aos enfermos que teñen que ser trasladarlos al Álvaro Cunqueiro, o cal, salientaron “é un risco inasumibel e unha falla de atención que non podemos consentir”.