O Concello iluminará, o vindeiro día 21, con luces azuis, coincidindo co Día Mundial da Síndrome de Down, as fontes da rúa Aragón, unha petición feita pola asociación viguesa para reivindicar os dereitos das persoas que conforman este colectivo. A iluminación de varios edificios municipais, fontes e rúas permanecerá apagada este sábado para concienciar sobre a necesidade do aforro enerxético.
O Concello de participará na Hora do Planeta, unha campaña de ámbito internacional desenvolvida polo Fondo Mundial para a Natureza, que supoñerá o apagado das luces de varios edificios e rúas entre as 8 e media da tarde e as 9 e media da noite, deste sábado 19 de marzo.
Durante unha hora permanecerán apagadas as luces do Concello, na Praza do Rei, as da fachada do edificio Municipal do Areal e o entorno, así como as da fonte da Praza de España, a fonte e a pérgola da rúa Aragón e a fonte da Gran Vía.