Os nosos compañeiros de Sermos Galicia informan de que estudantes do Máster de Xénero da USC acudiron á aula do profesor de Económicas, Luciano Méndez, denunciado por comentarios machistas a unha alumna.
Os estudantes deron, así, resposta aos comentarios deste ‘profesor’ a unha alumna e na clase amosaron nos seus corpos lemas como “Antes frívola que machista”, “a testo: unha vida de control”, “excesivo o teu machismo”, “lado débil = male tears”, “asqueroso oféndete, machista non” ou “a miña masculina pel non che presta?”
Segundo varias das estudantes, o profesor laiouse porque foran co peito pintado porque non luciamos tan ben as nosas “virtudes femeninas”, e dixo que ía a botalos cunhas patadas no cú.