Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másO Grupo Maricastaña ten unha proposta para ti: 80 minutos de espectáculo visual con ‘Odisea espacial’, que chega esta tarde (18:30 h) ao teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria dentro da XII Mostra de Teatro Universitario do campus de Vigo. Unha función feita a partir da obra de Arthur C.Clarke que supón a primeira incursión de Maricastaña na ciencia-ficción. O autor constrúe unha magnífica odisea nos seus libros na que nos remonta aos nosos antepasados homínidos para explicar a orixe da intelixencia e a evolución do ser humano.
Unha proposta escénica en tres partes, a primeira delas levada ao cine por Kubrick, que nos leva polo val, a luna e o fillo das estrelas e que conta cun prólogo e epílogo breves. Todo iso en pouco menos de hora e media chea de proxeccións, dando importancia á luz e á música que se emite desde distintos puntos da sala e con actores que transitan desde o mono ata a tecnoloxía futura pasando pola ausencia de gravidade.
Unha reflexión sobre a nosa existencia na inmensidade do cosmos…