É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 61 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 18 de marzo ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 21 accidentes.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 56 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 61 persoas.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a oito sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 50 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro ocasións.
En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.