Vigo al minuto

O alcalde ‘abraza’ o olivo do Paseo de Alfonso e di que “hoxe hai más ábores en Vigo que en tempo dos Reis Católicos”

O alcalde, este luns xunto ao olivo do Paseo de Alfonso/Foto:vigoalminuto.com
O alcalde, este luns xunto ao olivo do Paseo de Alfonso/Foto:vigoalminuto.com

O Concello promoveu esta mañá un “abrazo” colectivo ao centenario olivo do Paseo de Alfonso XII, con motivo da conmemoración do Día Internacional dos bosques. O alcalde, que participou nesta simbólica iniciativa, quiso sinalar os perigos do cambio climático e animou a varios concelleiros, voluntarios de Medio Ambiente, membros de Érguete e Anpas, ademais de asociacións culturais e corais a facer unha lectura de textos sobre especies arbóreas de Vigo.

Abel Caballero sinalou que “todos os anos nestas datas facémoslle unha visita ao olivo, símbolo de Vigo” e salientou a “boa saúde” da árbore logo dunha vida de máis de 200 anos. O alcalde engadiu que dende que iniciou o seu mandato, hai preto de 9 anos, hai 3.000 árbores máis na cidade que “xa non só é a Cidade olívica, é a cidade das árbores”.

Caballero subliñou que na actualidade “hai máis olivos en Vigo que na época dos Reis Católicos” e celebrou que os cambios feitos na base do olivo senlleiro do Paseo de Alfonso garanten outros dous séculos máis de vida.

También te puede interesar