É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA conselleira de Medio Rural salienta as ventaxes da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade
A conselleira do Medio Rural mantivo unha xuntanza cos alcaldes de Cerdedo, José Balseiros, e Cotobade, Jorge Cubela, para interesarse polo proceso de fusión de ambos concellos iniciado recentemente.
Ángeles Vázquez felicitou a ambos rexedores por esta iniciativa, posto que “contribuirá a mellorar a xestión do rural e permitirá xestionar eficazmente os servizos públicos, así como a calidade de vida dos veciños e veciñas destes concellos pontevedreses”.
Por parte da Consellería do Medio Rural, nesta xuntanza asumiuse tamén o compromiso da mellora e ensanche da pista municipal Cerdedo-Caroi-Corredoira.