Deportes

Depor e Celta aproveitarán o derbi para unha boa causa: a doazón de sangue

Celta DeporO presidente do Goberno de Galicia, afirmou este martes que o vindeiro derbi entre o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo busca aproveitar a forza do deporte a favor dunha causa solidaria: a doazón de sangue.

Así o aseguraba o presidente Feijóo na presentación en Santiago da segunda parte da campaña ‘Imposible sen ti’, onde tamén estiveron presentes os xogadores Sergio Álvarez e Pedro Mosquera, do RC Celta de Vigo e do RC Deportivo da Coruña, respectivamente e directivos de ambos clubs. O presidente lembrou que os dous equipos foron os verdadeiros iniciadores dunha campaña que podía parecer que quedaría nun spot illado, pero que ten continuidade no tempo, demostrando que non se trataba dun xesto puntual senón dun compromiso permanente coa sociedade.

Con respecto a isto, o xefe do Executivo sinalou que, se ben daquela se quería reflectir que entre dous clubs paisanos pode haber fraternidade e se transmitían os valores dentro do estadio, agora búscase aproveitar a forza do deporte a favor dunha causa que paga a pena, como é a doazón de sangue.

Deste xeito, o titular do Goberno de Galicia fixo fincapé en que a campaña que hoxe se lanza pretende lembrarlle ao afeccionado que, ao igual que é imposible ter un derbi sen el, tamén o sería contar cun sistema de doazón de sangue como o noso se non fose pola súa colaboración.

You may also like