Sucesos

#BuscamosABrais Familiares e amigos de Brais Bogo piden a máxima difusión da súa foto para atopalo

desaparicion_braisFamiliares e amizades de Brais Bogo Graña, desaparecido o pasado venres en Santiago de Compostela comunican o aprazamento da búsqueda de Brais que estaba convocada para este xoves, 24 de marzo, até novo aviso. “Nun intento de facelo, e por problemas de organización e insuficiente antelación para unha boa coordinación, rogamos a todos os voluntarios/as que non acudan á cita prevista. Esperamos poder reconvocala de novo o antes posible”.

desaparicion_braisA familia e amigos de Brais piden “a implicación cidadá para conseguir a máxima difusión da súa fotografía por todo o territorio do Estado”, rogando a todas as persoas que poidan ter calquera tipo de información que se poñan en contacto coa Policía a través dos teléfonos 091, 112 e 062.

Para a difusión a través das redes sociais “habilitamos o hashtag #BuscamosABrais co fin de poder chegar a un maior número de persoas. Rogamos a maior difusión posible para que Brais caia no esquecemento colectivo polo paso do tempo”.

También te puede interesar