Galicia

O CHUVI poderá detectar cancros de mama dende estadíos moi temperáns

mamaUn gran avance, cualitativo e cuantitativo, na diagnose e definición dos cancros de mama. É o que conseguiu a Unidade de Patoloxía de Mama do CHUVI a través do novo mamógrafo con tomosíntese e mamografía sintetizada adquirido e financiado pola Fundación Amancio Ortega.

Este equipamento tecnolóxico de última xeración, valorado en 17 millóns de euros, permitirá obter múltiples imaxes milimétricas da mama, aumentando a espedificidade da diagnose.

Co uso desta técnica conséguense dous tipos de estudos sen necesidade dunha radiación adicional á paciente e cunhas molestias coa compresión da mama menores das que se padecen nunha exploración como a que se facía ata agora.

Con esta técnica pódese ver a mama en 3D, o que supón que se existe unha lesión sospeitosa podemos saber con precisión a súa forma, localización e extensión exactas. Esa precisión á hora de comprobar a lesión permite o diagnóstico de cancros moi pequenos e sutís, e sobre todo en estadíos máis temperáns.

También te puede interesar