Comarcas

Salceda contará cun novo centro de saúde

salcedasaude

Salceda de Caselas contarán cun novo centro de saúde. Xunta e Concello asinaron este martes un convenio de colaboración para crear un centro que sirva para dar unha atención asistencial máis rápida aos habitantes da comarca.

A través deste convenio, o Concello cederá gratuitamente ao Sergas unha parcela para a construción do centro de saúde, asumirá os gastos derivados de facer chegar as infraestruturas existentes ao edificio e facilitará toda a documentación necesaria para a redacción do proxecto de obras, incluídas as licencias e demais permisos urbanísticos.

Pola súa banda, a Xunta comprométese á elaboración, supervisión e á aprobación do proxecto técnico, así como a contratar, dirixir e executar as obras de construción do centro de saúde, con cargo aos seus orzamentos. Tamén asumirá os gastos en bens correntes e servizos do terreo cedido.

También te puede interesar