Tres homes marxinais e conflitivos que van fuxindo da xustiza polos arrabaldes de Auria nunha longa noite de frío e choiva e que atopan desafogo no sexo, no alcol e na violencia. Así transcorre ‘A Esmorga’, unha adaptación de Sarabela Teatro da obra de Eduardo Blanco Amor coa que este ano arrasou nos premios María Casares.Cinco galardóns por Mellor Espectáculo Teatral, Mellor Iluminación, Mellor Escenografía, Mellor Adaptación de Texto e Mellor Actor Secundario que dan un toque extra a esta obra cando se cumpren 50 anos da súa publicación e 3 décadas dende a morte do seu autor.
A representación estará esta tarde (20:30 h) no Centro Cultural Caixanova para amosar cómo o Cibrán, o Bocas e o Milhomes entréganse aos praceres máis primarios para fuxir da realidade na que viven. O público entra de cheo na traxedia dende a primeira escea e viven de forma intensa, emocionante e apaixoada a opresión económica, o dominio social e a represión sexual que leva aos protagonistas ao asasinato e á autodestrucción. Todo nun ambiente abafante pola choiva que determina as accións dos esmorgueiros.
Reserva o teu oco entrando na web de Caixanova, chamando ao 902 504 500 ou na taquilla o mesmo día da actuación.
A compañía
Sarabela Teatro leva máis de 30 anos sobre os escearios, e nesta ocasión conta cun gran elenco e cunha montaxe con gran plasticidade da escenografía, a luz, as imaxes e os efectos, así como a valiosa aportación da música en directo e a harmonización do vestiario, a maquillaxe e as máscaras.