Cambiou a contrata e quedaron na rúa. Para protestar polo despido o pasado 1 de abril, as 7 limpadoras e o cristaleiro do CPI de Panxón pecháronse xunto con representantes sindicales nas instalacións de Educación en Santiago de Compostela. A Xunta decidiu recuperar a concesión e destinar camareiras da Administración para desenvolver o traballo. O problema: están a piques de xubilarse. Por iso, os traballadores, de entre 46 e 64, reclaman recuperar os seus postos e ser remplazados a medida que se vaian xubilando, xa que son fixos discontinuos que apenas teñen dereito a paro e darlles subsidios “sairalle máis caro á Xunta que esperar a que nos xubilemos”.
O titular deste colexio era o Instituto Social da Mariña, que foi quen contratou ao personal. Nembargantes, a Xunta comezou a xestionar as instalacións nos anos 90, para o que externalizou o servizo e deu a concesión a Limpezas Germania. A principios de ano sacou a concurso de novo a contrata, pero dous meses despois decidiu que o servizo resulta caro e o anulou.
Non é a primeira acción que levan a cabo estes traballadores, xa que a semana pasada pecháronse nas instalacións da Xunta en Vigo para reclamar os seus dereitos.