Tres medallas con nome galego na Copa Presidente de combate de taekwondo celebrada en Bonn do 7 ao 11 de abril. Adrián Pombo, Ana Dosil e Miryam García fixéronse con tres medallas de bronce que poñen de relevo o bo momento polo que está a pasar o taekwondo galego.
Adrián Pombo (Natural Sport Ribeira) foi o primeiro galego en subirse ao podio tras unha dura competición. O domingo chegaron dúas medallas máis: a de Ana Dosil (Natural Sport Ribeira), que volveu demostrar que é unha cadete un grande futuro e que responde sempre nas grandes citas, e a de Miryam García (Patiño Moaña) tras unha gran actuación de Miryam.