Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Galicia volve a casa con 54 medallas do Open de España de taekwondo
Boa fin de semana dos galegos no Open de España de Taekwondo celebrado en Benicassim. Aínda que Katya Calvar foi a única galega en conseguir medalla na competición sénior, un bronce, os rapaces e rapazas que competiron na categoría junior volveron a casa con 17 medallas na maleta, 4 ouros, 4 pratas e 13 bronces, medallas ás que hai que sumar as catro que acadaron os deportistas galegos presentados polos seus clubs e non pola selección.
Estiveron mellor as mulleres, que sumaron un total de 13 medallas, tres delas ouros para Tania Castiñeira, Zaira Vázquez e Jéssica Blanco. Prata para Miryam García e Elena Pérez e bronces para Aitana Santomé, Uxía Ogea, Pilar Rodríguez, Lucía Santomé e Arlet Ortiz pola selección galega e Alma Pérez e Carla Muñiz polo Suh Sport.
Na categoría masculina, Javier González logrou o título de campión de España nun peso con moita competición e compartiu podio con outro galego, Unai Silva, que logrou a medalla de bronce. Medalla de prata para Vicente Díaz e bronces para Nicolás Argibay, Adrián Pombo e Jesús Veiga da selección galega. Por clubs, bronces para Yerai Rodríguez (Taekanart) e Alejandro Pérez (Natural Sport Videlgi).
Pola súa banda, a selección galega cadete acadou magníficos resultados no Open de España, con cinco ouros, tres pratas e seis bronces, aos que houbo que sumar as medallas de clubs galegos coma as pratas de Alejandro Paz (Natural) e Pablo Escudeiro (Patiño Moaña). Na categoría feminina ouros para Ana Dosil e bronce para Isabel Garrida e Sara Gacio. Na categoría masculina houbo moi bos resultados: ouro para Xián Rodríguez, Pablo Patiño, Óscar Ortegueira, David Rodríguez e Pablo Escudeiro, prata para Sergio Gonzalo, Noh Pereira e Brais Iglesias e bronce para René Costas e Darío Dacosta.
Tamén houbo varias medallas na modalidade de técnica e freestyle. Os ouros foron para o trío júnior masculino, formado por Jorge Posada, Samuel Alves e Yago Davila; para Samuel Meilán en sénior 2 e para Encarna Quintela en máster 4. Ademais, o trío cadete masculino (Manuel Paz, Álvaro Portela, Daniel Redondo Plata) e a parella 1 (Nerea Alamancos e Alejandro Losada) lograron sendas medallas de prata. E rematamos con seis bronces. Na modalidade de freestyle lograron cinco ouros, tres pratas e cinco bronces.