É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO equipo de Normalización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo (rúa Eduardo Cabello, s/n) prepara unha charla coloquio a cargo de Xurxo Souto sobre os espectáculos e a radio en galego. A charla, que comezará ás 12 horas, celebrarase na sala de exhibicións do instituto e a entrada será libre e gratuita ata completar o aforo, previsto para cen persoas.
Xurxo Souto é un cantante, acordeonista, escritor e locutor que saltou á palestra por ser o líder da banda de rock Os diplomáticos de Monte-Alto e por ser un gran difusor da música galega de todos os tempos. En 1986 comenzou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo ‘A tropa da tralla’, aínda que na actualidade participa nos programas ‘Aberto por reformas’ e ‘Mil ribeiras’ na Radio Galega. Ademais, desde outubro de 2005 é o Director de Programas desta emisora.