Galicia

Xunta e Aemet traballarán xuntos para previr inundacións, temporais ou incendios

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presidirá a reunión de constitución da Comisión Mixta en materia de Meteoroloxía e Clima, na que tamén participa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), representada polo seu presidente, Miguel Ángel López González.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) crearán un grupo de traballo mixto para dispoñer duns servizos meteorolóxicos e climáticos seguros e de máxima calidade, non só para ofrecer aos cidadáns unha predición meteorolóxica fiable, senón para prever e diagnosticar circunstancias que teñen consecuencias directas sobre os bens, as persoas e a contorna, a corto e medio prazo.

Nese sentido, Xunta e Aemet buscan acadar unha coordinación real e efectiva para o que é imprescindible coñecer como e cal é a contorna, co fin de poder anticiparse a posibles circunstancias adversas e poder protexer e conservar mellor o medio ambiente. Por exemplo, para ofrecer datos necesarios para previr episodios de inundacións, temporais, grandes nevadas ou incendios forestais.

Con esta colaboración tamén se axudará a coñecer con precisión a calidade do aire e se achegarán indicadores científicos que demostran os efectos do cambio climático e o quecemento global, o que servirá para darlle unha resposta axeitada a todos estes fenómenos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.