Sin sección

13 millones de euros para os concellos antes de verán

regades

O ‘Plan Concellos 2016’ estará transferido na súa totalidade aos concellos antes do verán. Así o sinalou o deputado provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra, David Regades, quen sinalou que no primeiro trimestre do ano xa se teñen concedidos 13 millóns de euros, o 31,75% da totalidade do plan.

Regades destacou o grado de execución das liñas de actividades deportivas, culturais e musicais, a de emprego ou a de gasto corrente onde o grado de execución é do 100%, do 84% e do 85%, respectivamente. O deputado recordou que o ‘Plan Concellos’ naceu como unha iniciativa coa que recoñecer o municipalismo e para garantir regras iguais para todos os concellos, independentemente da cor política do seu alcalde, sen discriminación en nun réxime de concorrencia. Este plan conta con corenta millóns de euros “o que representa o 31,5% da totalidade do orzamento da Deputación”.

Catro liñas de actuación

O grado de execución das catro liñas que compoñen o “Plan Concellos 2016” e moi alto, agás a liña de investimento que leva unha tramitación máis longa pola complicación que supón a realización dos proxectos de obras e as correspondentes autorizacións doutras administracións. Nesta liña concedéronse máis de 1,5 millóns de euros neste primeiro trimestre, ante as preto de 450 solicitudes que presentaron os concellos para obras e inversións.

A liña xa concedida na súa totalidade é a correspondente ao plan de emprego pola que os concellos xa dispoñen de nove millóns de euros para a contratación de preto de 1.200 persoas para reforzar as súas plantillas municipais. A liña tres, adicada a subvencións a entidades deportivas, culturais, e musicais, entre outras, conta cun grado de execución do 84,04% o que supón que máis de 1,1 millóns de euros xa foron entregados os concellos da provincia.

No caso da liña dous, adicada a subvencionar o gasto corrente dos concellos, o grado de concesión xa está nun 85,54 por cento o que supón que máis de 1,9 millóns de euros están xa concedidos aos concellos.

 

 

También te puede interesar