Galicia

Vigo acollerá a manifestación central da CIG do 1º de Maio

cig1maio

Un ano máis Vigo acollerá a manifestación central de todas as convocadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para conmemorar o 1º de Maio. Nesta manifestación, que partirá do cruce da Doblada ás 12.00 horas e rematará na Porta do Sol, a principal reivindicación será reclamar a derogación das reformas laborais e da lei Mordaza aprobadas por PP e PSOE.

Para este sindicato, as sucesivas reformas laborais aprobadas deron paso á precarización, ao recorte de dereitos e ao empobrecemento dos cidadáns, xa que “máis do 90% dos empregos que se crean nestes intres son precarios”. En canto a Vigo, reclaman unha aposta real “pola reactivación dos nosos sectores produtivos, como o naval, a automoción, a pesca ou a construción, verdadeiros motores económicos da comarca, xa que nos atopamos con que o único emprego que se crea é estacional e ligado ao sector servizos; imos camiño do monocultivo económico e precisamos diversificación”.

También te puede interesar