A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, presentou este sábado en Ames nunha asemblea aberta a todos as liñas de traballo do partido de cara a elaborar o programa electoral para as eleccións autonómicas e artellar a mellor campaña posible. Santos incidiu na necesidade de abordar as principais problemáticas da sociedade dun xeito transversal coordinando entre diferentes secretarías os eidos de actuación e as propostas dos círculos sectoriais xa existentes e dos movementos cidadáns.
Para iso crearánse encontros de participación temáticos nestes meses que permitan un desenvolvemento moito mais amplo das propostas e mellorar as canles de comunicación cos círculos e coa cidadanía en xeral.
Varias das persoas que asistiron ao longo do día á asemblea manifestaron aos deputados e senador a necesidade de democratizar o espazo En Marea. O debate puxo de manifesto que as bases de Podemos apoian totalmente que o único espazo de confluencia posible é En Marea e que se o proxecto de Mareas en Común quere apoiar o cambio en Galicia debe sumarse á democratización de En Marea.