Comarcas

Máis de 46.000 euros para Salceda para a compra de maquinaria de construción

salceda concelloA Deputación de Pontevedra acaba de outorgar unha axuda de máis de 46.000 euros ao concello de Salceda de Caselas para a adquisición de maquinaria de construción, o 60% para o financiamento dun camión con grúa e volquete e o resto para unha minipala escavadora.

Esta subvención, enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016, súmase ás entregadas ata o momento ao concello, que superan os 280.000 euros: máis de 85.000 para a iluminación pública; 21.300 para o financiamento da Festa dos Callos 2016, o programa de asesoramento en materia de xénero e de atención as demencias neurodexenerativas e á Carreira Popular 10k; e 127.000 para a contratación de 24 traballadores e traballadoras.

Outras achegas

A Deputación tamén aprobou dúas axudas para o concello de Crecente, unha de 51.600 euros para cubrir a pista polideportiva en Filgueira e outra de 20.000 euros para a mellora da seguridade vial en distintos puntos da localidade. Tamén destinará outros 34.822 euros para a mellora de infraestruturas en varias zonas de Fornelos de Montes e varias achegas por un total de 235.000 euros para Ponteareas, tanto para abastecemento como para saneamento.

También te puede interesar