Vigo al minuto

Cogami axudará ao concello a facer un Vigo máis accesible

cogami

O Concello e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade acaban de asinar un convenio polo que Cogami asesorará en materia de accesibilidade ao goberno local e revisará os proxectos de obra nova e humanizacións para que a accesibilidade sexa unha constante no desenvolvemento da cidade.

A intención é contar coa experiencia do usuario con problemas de mobilidade, polo que Cogami emitirá informes cos cambios precisos para facer unha aplicación correcta da normativa de accesibilidade.

También te puede interesar