Sete festivais cos que impulsar unha imaxe innovadora, moderna, diferente, vangardista e auténtica da provincia de Pontevedra. Así son Cultura Quente (24 e 25 de xuño, Caldas de Reis), Atlantic Fest (1 a 3 de xullo, A Illa de Arousa), PortAmérica (15 e 16 de xullo, Nigrán), SinSal Son Estrella Galicia (22 a 24 de xullo, Redondela), SonRías (4 a 6 de agosto, Bueu), O Marisquiño (12 a 14 de agosto, Vigo) e Revenidas (19 a 21 de agosto, Vilagarcía de Arousa), festivais que a Deputación de Pontevedra venderá na campaña ‘Fesitvais Rías Baixas, sete cita que non deberás perder’.
Con esta iniciativa preténdese converter ás Rías Baixas en punto de referencia nacional no campo dos festivais musicais, nunha provincia con vida cultural propia, orixinal, diversa e cunha ampla oferta turística. Trátase dunha das ofertas máis completas de Galicia e pioneira a nivel nacional, xa que se oferta un paquete turístico equilibrado de ocio e cultura moi vinculado ao territorio.