É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMáis de 1.900 patinadores na clausura máis numerosa das escolas deportivas
O XIX Día do Patín celébrase como é tradicional este 17 de maio, Día das Letras Galegas, cunha exhibición de clubs e centros escolares de Vigo e toda a comarca na clausura máis numerosa de cada primavera do programa municipal de escolas deportivas.
O pavillón das Travesas encheuse con 1.900 patinadores e patinadoras divididos en máis de 120 grupos de actuación que amosaron todo o aprendido ao longo da tempada nunha xornada maratoniana con soamente descanso para comer. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu á clausura da quenda de mañá e acudirá á de tarde para a entrega dos tradicionais diplomas e algún agasallo a todos os participantes.