Comarcas

O Concello de Nigrán ampliou en 120 metros o ecosistema dunar de Praia América para lograr que sexa Espazo Natural de Interese

Praia Amrica1O Concello de Nigrán ampliou en 120 metros o ecosistema dunar de Praia América mediante a retirada, por parte de operarios municipais, dun acceso de madeira actualmente inoperativo pola transformación do río Miñor na contorna. O consistorio sigue así as recomendacións técnicas para que o espazo dunar sexa finalmente declarado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), xa que o Plan de Conservación sinala que as estructuras artificiais só poden contribuir a acrecentar o deterioro do sistema dunar. Este fragmento de paseo eliminado, ao lado da desembocadura do río, finalizaba nun talud despois de que o curso do río mudase levando con el gran cantidade de area.

“Queremos consolidar o espazo como ENIL, o que implica protexer ao máximo este enclave de gran interese ecolóxico non so para Nigrán, se non para toda a comarca”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

Estes 35.000 metros cadrados de terreo foron declarados como ENIL en xullo de 2014, pero de forma provisional e por un prazo máximo de dous anos. O Concello ultima agora o Plan de Conservación, documento imprescindible para obter o recoñecemento de xeito definitivo.

Praia AmricaO ecosistema dunar sufriu durante décadas o efecto do desenvolvemento urbano e turístico, que afectou e modificou as condicións de equilibrio da zona. Alterouse a dinámica sedimentaria costeira debido á construción de infraestruturas como o espigón do porto e o paseo de Panxón ou á extracción de area para a construción. Co fin de paliar esta situación, o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América-Panxón contempla a restauración, protección e conservación dos seus dous hábitats, os dunares e os estuarios, así como das poboacións de flora e fauna, como o chorlitexo patinegro; aumentar a súa superficie ata o seu máximo potencial; favorecer a súa madurez, complexidade estrutural e biodiversidade; e diminuír a frecuencia humana e a accesibilidade ao sistema.

También te puede interesar