É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMáis de 400.000 euros para a renovación do céspede dos campos do Comesaña e Monte da Mina
O Concello de Vigo aprobou o proxecto de renovación do céspede artificial dos campos de fútbol do Comesaña e do Monte da Mina. Para estas obras, enmarcadas no convenio de colaboración asinado entre concello e Deputación de Pontevedra, investiranse 400.000 euros para a substitución do céspede artificial. O concello vén de abrir o periodo de licitación e está previsto que as obras se adxudiquen en breve.
Por outro lado, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da contratación dos servizos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello. O contrato, cun importe de 400.000 euros anuais, terá vixencia durante os anos 2016 e 2017 coa posibilidade de ser prorrogado dous anos máis, en 2018 e 2019.
O concello presta este servizo nos dez areais que contan con bandeira azul na cidade: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).