Aínda que habitada dende tempos inmemoriais, o armazón de rúas e prazas de Redondela teñen a súa orixe na época medieval. O que hoxe é casco urbano, ata o século XIX estivo dividido en dous núcleos de poboación independentes, Vilavella e Vilanova de Redondela, unidos por unha ponte sobre o río Aldevosa. Era Vilanova a que tiña unha parte da vila pechada por unha muralla que a separaba do barrio mariñeiro, unha esencia que se mantivo ata ben entrado o século XX, cando diferentes factores provocaron profundos cambios na estrutura social e os costumes que repercutiron na transformación da paisaxe urbana.
Estes e outros datos sobre a historia da vila son os que poderán coñerer todos os participantes no Roteiro da vila de Redondela, que se presentará este venres (13 h) na Casa da Cultura. Un paseo por ata 24 puntos de interese da cidade, percorrendo as rúas da vila e coñecendo a personaxes tan senlleiros da zona como Xan Carallás ou Castro Sampedro y Folgar, sobre a Coca, o choco, Sargadelos ou a danza das penlas, tradicional do Corpus.