Cultura

Rubén Riós estrea en Vigo o seu último traballo tras as cámaras

vida cartel‘Vida’ é a voz das discapacidades, é unha clara mensaxe social a prol da fortaleza e da superación e unha oportunidade de ver outras realidades que se escapan aos ollos do mundo no frenético día a día. O director e actor galego Rubén Riós estreará este 28 de maio (20.00 h) en Vigo a obra de ficción ‘Vida’ e o documental ‘Máis ca Vida’, os seus últimos traballos detrás das cámaras.

Será no Auditorio Municipal de Vigo dentro do Festival Primavera de Cine nun acto no que estarán presentes tanto o director como os protagonistas, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro, que tras a proxección aproximarán en primeira persoa as súas percepcións sobre o que significou para eles levar a cabo este proxecto que tanto ten marcado as súas vidas.

Logo dun ano de ensaios e traballo con persoas con capacidades diferentes, Riós percatouse das súas inmensas gañas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. E o seu espírito, forza e traballo en equipo concluíron con dúas grandes obras audiovisuais. Por un lado o documental ‘Máis ca Vida’, que recolle os testemuños reais do día a día que rodea a estas persoas. Este documental transfórmase nunha ferramente idónea para contrubuír a plasmar en papel todos os elementos necesarios para a creación das tramas do guión de ‘Vida‘, que conta cun reparto excepcional de actores entre os que se atopan Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera ou Luis Iglesia.

También te puede interesar