Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
SOS Sanidade Pública respalda o peche indefinido no Meixoeiro
A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo decidiu apoiar o peche indefinido que se está a realizar no Meixoeiro dende o pasado 1 de xuño e participará na manifestación convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria e por SOS Meixoeiro para o vindeiro 22 de xuño dende a entrada principal deste hospital (20.00 horas).
SOS Sanidade Públcia tomou a decisión de apoioar estas medidas xa que as demandas dos promotores das mobilizacións coinciden plenamente coas da plataforma e que pasan pola apertura de todas as camas de hospitalización, a apertura da Unidade de Críticos, a paralización das derivacións á sanidade privada e por crear un plan de choque contra as “escandalosas” listas de espera”.
Por outra banda, a plataforma considera que a reordenación da área sanitaria debería basearse “na integración de todos os recursos asistenciais para evitar a fragmentación e descoordinación” entre centros, servizos e niveis asistenciais e na creación de novos recursos para completar unha oferta asistencial “racional e axustada ás necesidades e ao volume da poboación”.
Por iso reclama que se manteña o funcionamento como hospital xeral programado sen Urxencias, pero recuperando as camas e recursos recortados; que se concentre a actividade oncolóxica alí aproveitando a dotación tecnolóxica específica dispoñible; concentrar tamén os recursos de cirurxía programada da área aproveitando quirófanos e camas cirúrxicas; consolidar a Unidade de Coidados Paliativos e manter unidades de diagnose por imaxe e laboratorio.