Vigo al minuto

Recollida de sinaturas diante do Mercado de Teis para denunciar o estado de abandono da ETEA

eteaA Asociación Veciñal de Teis, “dentro da campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA”, ven de instalar  unha mesa de recollida de sinaturas, este sábado 11 de xuño desde ás 11 da ñaá a 1 e media da tarde diante do Mercado de Teis.

O pasado sábado na asemblea celebrada na ETEA, acordou iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na parroquia, para denunciar o abandono da ETEA e demandar das administracións, Concello de Vigo e Goberno de Galicia, unha maior implicación na ETEA, especialmente no mantemento dos espazos públicos como o parque e paseo marítimo.

O parque público construído pola administración galega en 2013, presenta unha falta de mantemento das zonas verdes, do parque infantil. “A presenza do lixo é moi visíbel neste parque, pois non se recolle. A falta de entendemento entre a Xunta e o Concello, provoca que ninguén asuma este parque público que se deteriora día a día”.

Segundo subliñan os veciños, a situación non é mellor no paseo marítimo da ETEA, obra realizada polo Concello en 2011, “que tamén carece de mantemento, a vexetación está presente no paseo e no seu entorno e só procedese a cortar a mesma, como moito, unha vez ao ano. Chama a atención que ao longo do paseo marítimo non haxa nin unha soa papeleira”.

A veciñanza tamén queixase da falta duns aseos públicos ou dunha cafetaría, que son tan necesarios sobre todo no período de verán onde acuden moitas persoas a gozar do litoral da ETEA.

Por último, os veciños engaden que seguen agardando polo apertura na súa totalidade das instalacións deportivas da ETEA: apertura da piscina, acondicionar as pistas de squads no baixo do pavillón ou dotación de material do ximnasio.

You may also like