Comarcas

@ConcelloNigran abre o prazo para participar nos Campus Deportivos de Verán

SurfO Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nos nove campus deportivos de verán que durante as mañás de xuño, xullo e agosto se levan a cabo coa colaboración dos clubes do municipio. As inscricións deben facerse na Oficina de Turismo de Panxón como mínimo unha semana antes de que comece o campus no que se quere apuntar (horario de oficina: ata o 14 de xuño de 16.00 a 20.00 horas e a partir do día 15 de xuño de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas). Todos teñen un custo de 60 € e unha duración de catro ou cinco días. Como novidade, este ano se incorpora ciclismo e atletismo, ofrecéndose en total sete disciplinas deportivas.

Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan o día 27 de xuño con Surf a cargo de Prado Surf e Baloncesto co clube Airexa. Os sete campus restantes van sucedéndose ao longo de todo o verán sen solaparse: ciclismo (Club Ciclista Rías Baixas), baloncesto (Club Baloncesto Nigrán), tenis (Club Tenis Nigrán), Atletismo (Sociedad Atlética Val Miñor), fútbol sala-multideporte e animación (Panxón Nigrán F.S.), fútbol (E.D.Val Miñor) e running (Running Club Nigrán). O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.

Tódolos detalles (datas de celebración, horario, idades…) pódense consultar no Facebook do Concello, no propio Concello ou na Oficina de Turismo.

You may also like