Cultura

@depo_es adxudica 14 bolsas de práctica laboral en turismo para outras tantas persoas, en concellos da provincia

VeránA Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación de 14 bolsas de práctica laboral para as oficinas de turismo municipais da provincia durante os vindeiros meses de verán, cun investimento de 39.832 €. As persoas beneficiarias teñen estudos de Turismo ou graos superiores en Información e Comercialización Turística ou en Guía, Información e Asistencia Turística.

Os bolseiros e bolseiras van prestar servizos de información e asistencia turística en oficinas de turismo municipais e puntos de información turística da provincia. En concreto estarán en Cangas, Sanxenxo, Silleda, Moaña, Vilagarcía de Arousa, Marín, A Illa (2), Nigrán, Ribadumia, Soutomaior (Castelo), Meis (Mosteiro de Armenteira), Vilanova de Arousa e O Grove.

Nove bolsas terán unha duración de tres meses, dende o vindeiro 15 de xuño ata o 14 de setembro, mentres que as outras cinco durarán cinco meses, tamén dende o 15 de xuño ata o 14 de novembro. A asignación mensual de cada bolsa será de 800 € para os titulados e tituladas universitarios e 700 € para os ciclos superiores de formación profesional.

You may also like