A Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela celebrou o fin de curso dos dous clubs de lectura das bibliotecas da localidade cun interesante encontro con Beatriz Otero Abadín, directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).
Durante dúas horas, Otero compartiu con todos os asistentes os seus coñecementos e experiencia sobre a medicina legal e a práctica forense e sobre destos aspectos na ficción literaria e cinematográfica.
A directora do Imelga contestou de forma clara e enriquecedora todas as preguntas que xurdiron durante o encontro nunha charla tan interesante que se prolongou máis do previsto debido á demanda dos participantes.
Os clubs de lectura están formados por un grupo de persoas que se reúnen unha vez ao mes para debater e comentar un mesmo libro. Así mesmo as bibliotecas de Redondela contan cun club de lectura infantil que se encontra unha vez ao mes na Axencia de Lectura Municipal de Chapela