Esta fin de semana Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 53 persoas feridas en 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O día con maior número de sinistros foi o sábado, con 17 accidentes.
Unha vez máis foron atendidos seis homes por cada catro mulleres e no 38% dos casos os feridos tiñan entre 35 e 49 anos. Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes, con 19, seguida de A Coruña (15), Ourense (7) e Lugo (2).
Ademais dun falecido, os servicios sanitarios atenderon a catro persoas no mesmo lugar do sinistro e tiveron que trasladar a centros hospitalarios a outras 48. Nesta ocasión necesitaron mobilizarse ambulancias medicalizadas en cinco casos, asistenciais en 42 e convencionais nunha.