Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másVigo acollerá por primeira vez o campus de verán do Real Madrid
Por primeira vez o Campus Experience da Fundación Real Madrid terá Vigo como unha das súas sedes destes campamentos estivais. Do 18 ao 22 de xullo nenos e nenas e adolescentes de entre 7 e 17 anos poderán participar nun proxecto que, segundo destacan dende o club madridista, aposta por unha combinación de “valores e formación deportiva”.
O obxectivo dos Campus Experience da Fundación Real Madrid é fomentar a cultura e a convivencia deportiva con fins educativos e lúdicos, procurando o desenvolvemento individual e social de nenos e nenas a través de valores que consolidan unha formación humana integral.
Ao longo de cinco días os rapaces e rapazas combinarán actividades de adestramento e lúdicas nas instalacións deportivas do campus de Vigo de 09.00 horas a 19.00 horas, de xeito que realizarán no campus a comida e a merenda, polo que a organización decidiu facer especial fincapé na importancia da nutrición no desenvolvemento dos deportistas, apostando por unha dieta sa e equilibrada.
O profesorado deste campus inclúe adestradores e ex -xogadores do Real Madrid e unhas instalacións deportivas que permitirá aos participantes gozar dunha alternativa positiva de ocio que combina a práctica deportiva e o lecer. No tocante á parte deportiva, a organización conta con adestradores, titulados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, técnicos deportivos e persoal de apoio e, no relativo á vertente formativa, os rapaces e rapazas contarán con pedagogos, educadores e monitores de ocio e tempo libre. Ademais das actividades deportivas propias do campus, os nenos e nenas terán diariamente actividades complementarias, principalmente na piscina universitaria.
O prezo da inscrición é de 415 euros para os que se matriculen antes do 30 de xuño e de 450 euros para os que o fagan despois desa data e ata o 13 de xullo.