Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másCIG demanda ao xerente da Área Sanitaria de Vigo información sobre o motivo do peche de camas nos hospitales
CIG-Saúde presentou este luns un escrito dirixido ao Xerente da Área Sanitaria de Vigo solicitando información sobre os motivos do peche de camas e sobre o plano de redución de listas de agarda na sanidade pública.
O Conselleiro de Sanidade a través dos medios de comunicación informou á poboación galega, de que o peche de camas deste ano 2016 obedecía a:un plano de obras que se ían a acometer nos centros hospitalarios e á indispoñibilidade de profesionais para as coberturas no período estival.
Ao mesmo tempo aprobase no Consello da Xunta un plano de redución de listas de agarda na sanidade pública. Dito plano ten un finanzamento de 5 millóns, co obxectivo de reducir en 34.000 persoas as devanditas listas.
“Anuncio feito ao mesmo tempo no que se comunicaba o peche de camas no período estival, e como consecuencia unha redución da actividade ordinaria durante os meses de xuño a outubro; que implicará un maior incremento das listas de agarda”.
Desde a CIG-SAÚDE, para poder analizar este tema, co rigor que se merece, indican que “necesitamos ter a información completa”, polo que solicitamos do Xerente a seguinte información: Plano de obras que se van a acometer nos centros hospitalarios desta área sanitaria; relación das especialidades nas que non hai médicos dispoñibles para a súa contratación; relación das persoas que remataron a súa formación vía MIR e que a xerencia procedeu a súa contratación; peche de axendas na atención primaria; indispoñibilidade de profesionais; ofertas de intersubstitución, e prolongación de xornadas; plano de redución de listas de agarda, cos seguintes datos: Horario no que se realizará esta actividade extra, especialidades ás que afecta, se a devandita actividade se vai a realizar como xornada extra de tarde (“peonadas”), e polo tanto, co cadro de persoal existente, ou se vai a proceder a nova contratación, mecanismos de control que se van a establecer sobre a actividade ordinaria e se a prioridade vai ser realizar esta actividade na sanidade pública, ou pola contra priorizarán a sanidade concertada.
Esta información permitirá avaliar a proposta do Conselleiro de Sanidade e “valorar en qué medida é un xesto propagandístico ou pretende realmente solucionar os problemas que temos coas listas de agarda na Área sanitaria de Vigo”.