É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDesconvocada a folga indefinida de Viza
A asamblea de traballadores de Viza, empresa do sector da automoción con sede no Porriño, decidiu, por unanimidade, este xoves pola noite, desconvocar a folga indefinida tras o acordo acadado coa empresa sobre o novo convenio colectivo.
O devandito acordo, que terá unha vixencia de dous anos, establece un incremento salarial para 2016 de 50 € lineais para todos os traballadores, máis un complemento para o persoal obreiro de 40 € ao mes.
Para o 2017, a suba pactada fixa 50 € lineais para todo o persoal indefinido e, ademais, a empresa, de capital galego, comprométese a manter a carga de traballo para garantir o actual nivel de emprego.