Cultura

Os airiños de Rosalía vistos a través da cámara de Xurxo Lobato

Casa Rosalía separado por páginas 2

Reivindicar a Rosalía de Castro como poeta e escritora, «como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo da galeguidade«. É un dos obxectivos da exposición fotográfica ‘Airiños, aires. Rosalía’ do artista Xurxo Lobato, que chega este venres 1 de xullo á Casa das Artes como unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra.

Aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo, a mostra percorre a través de fotografías as paisaxes biográficas onde viviu Rosalía de Castro. Territorios, rúas, espazos vencellados a súa vida… interpretados dunha maneira evocadora, suxerente e artística.

Vigo, Padrón, A Coruña, Compostela, Bastavales, Dodro, Madrid, Simancas… Lobato recolle a mirada dun fotógrafo que busca a presenza da poeta a través das pegadas da súa obra e da súa vida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.