Comarcas Destacados

Máis de 520.000 euros para melloras en Nigrán, Gondomar, Tui e Tomiño

nigran1

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por un importe total de 520.000 euros para melloras nos concellos de Nigrán, Gondomar, Tui e Tomiño.

Así, por unha banda, dará dúas axudas de 106.000 e 141.000 euros ao concello de Nigrán destinados á creación do parque mestre Xosé Vázquez Grela e outro na rúa Ana Isabel Costas, en San Pedro. Estas axudas, que suman en total 247.000 euros, correspóndense á liña 1 do Plan Concellos 2016.

O concello de Gondomar recibirá 112.000 euros para a urbanización do espazo exterior no edificio administrativo do CDL e a realización de obras de instalacións complementarias. Mentres, para o concello de Tui destinaranse 104.000 euros para o acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar número 2.

Por último, destinaranse 60.000 euros ao concello de Tomiño para o financiamento da construción dunha pista de atletismo na área deportiva do Mosteiro.

También te puede interesar