Fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica fronte á violencia machista, buscando unha implicación real na loita contra esta lacra, que no que va de ano xa provocou a morte de 22 mulleres en España, unha delas en Galicia, e deixou a 12 menores orfos.
Ese é o obxectivo da mostra ‘Mulleres en acción: violencia zero’, impulsada pola Deputación de Pontevedra e inaugurada este mércores en Redondela coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do alcalde da vila, Javier Bas.
A mostra recolle os resultados da acción artística contemporánea do proxecto, desenvolvido simultáneamente o pasado 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, por artistas galegas en 10 concellos da provincia.
Carmen Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de darlle corpo a esta mostra con diferentes recreacións artísticas, todas elas novas artistas galegas polo que a través desta iniciativa tamén se visibiliza o seu traballo.