Comarcas Vigo al minuto

A Festa do Tinto das Rías Baixas xunta a milleiros de persoas en As Neves

As Neves PpalFotos: vigoalminuto.com/Milleiros de persoas achegáronse esta fin de semana ata As Neves para disfrutar da Festa do Tinto Rías Baixas que, segundo os organizadores, está a ser un éxito de público que non so acudiu ao ‘Sol do Condado’ para disfrutar dalgúns dos caldos máis afamados do país, senon da comida e das actividades programadas polo Concello.

As Neves2A Festa xuntou os mellores tintos da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborados con diferentes variedades de uva, dende Mencía, pasando por Loureira, Espadeiro, Caíño ou Sousón, tal e como explicou aos asistentes o sumillier Nacho Costoya, un dos máis aprezados invitados a esta festa xunto co home que máis sabe dos viños do condado, o viticultor Manuel de Amaro.

As Neves1Precisamente, este ano, o undécimo desta feira, sucedeu a De Amaro como preogueiro Pablo Saa,     profesor de viticultura e enoloxía do CIFP A Granxa de Areas, Ponteareas, quen reivindicou a necesidade de que a viticultura vaia unida ao estudo, “quen diría que para ser labrego habería que estudar”, dixo con sorna, ao tempo que subliñaba que “xa é impensabel este sector sen a escola e sen a formación”.

As NEves3O profesos Saa sinalou que “o viño é hoxe o producto do campo con máis futuro”, e logo de reivindicar os caldos da D.O Rías Baixas, pediu acabar con aquela afrmación que él sempre ouvira dende neno, que “o viño branco era para vender e o tinto para beber, iso xa non é certo e a calidade dos nosos viños, dos que se poden atopar eiqui, deixan moi craro que o tinto, ademáis de para beber é tamén para vender”.

Pola súa parte, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, que estivo acompañado polos deputados provinciais Santos Hector e Xosé Leal, ademáis dos alcaldes de Ponteareas, Arbo, Salvaterra e Salceda a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e membros da corporación nevense, salientou que “esta festa do tinto, que chega á súa decimo primeira edición, é un encontro popular que pon en valor a enoloxía galega e, especialmente, os viños das Rías Baixas”.

As Neves5O alcalde agradeceu a “importante participación social nesta festa, de asociacions veciñais e culturais, que fixeron posibel a mesma e que dan contido a esta cita”, e quixo valorar o feito de que, este ano, ademáis, a festa deu unha especial importancia á calidade dos viños “e, por primeira vez, están representadas as cinco variedades de tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas”, que os asistentes tiveron a ocasión de catar durante os 8 días nos que se desenrolaron actividades relacionadas con esta cita.

A Festa segue ata última hora deste domingo con diferentes propostas que se suman ás novidades deste ano, entre elas unha Ruta de Sendeirismo, a I Ruta do Pincho Rías Baixas- facendo maridaxe cos viños presentes na feira- a participación de ‘Food Trucks’ –camións restaurantes- que aparcaron no medio da vila, ou citas culturais, actuacións musicais e diferentes postos adicados, entre outras propostas, á agricultura ecolóxica.

You may also like