O Concello de Redondela quere incluir a parte dereita da praia da Punta, en Cesantes, na rede galega de praias sen fume, á que xa se sumaron 22 praias máis e que está especialmente pensada para aos areais que teñen o galardón de Bandeira Azul.
Este ano vanse valorar os resultados sobre o areal comparando a calidade da area coa zona que segue sendo libre para fumadores e para o ano se o resultado é bo converterase todoa a praia da Punta en área libre de tabaco.
Con esta iniciativa buscase un dobre beneficio xa que incide na saúde dos cidadáns e repercute tamén no medio ambiente xa que as cabichas son un residuo altamente contaminante, que tarta moito en desaparecer e cunha gran dificultade para a súa eliminación tanto por medios manuais como mecánicos.
O Concello colocará a sinalización e repartirá folletos informativos aos cidadáns. Unha vez informada a cidadanía o acceso será libre non haberá sancións pero dende o concello se espera que a iniciativa teña acollida e se cumpra para poder valorar os beneficios desta inclusión no programa implusado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Tan pronto sexa incluida a praia no programa izarase unha bandeira e colocaránse carteis que delimitarán a zona incluida no programa.