Nas súas primeiras 24 horas de vida
Leer másVeciños de Teis piden que as liñas H1 e H2 de Vitrasa cheguen ata a parroquia para mellorar a conexión co Cunqueiro
A Asociación Veciñal de Teis demanda a mellora das conexóns de Vitrasa co Hospital Álvaro Cunqueiro e denuncia que “a veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate García Barbón (Casa de Artes e Oficios), H1, ou até os Choróns, H2, para coller un enlace para ir ao novo hospital dado que non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis, ademáis, a liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos”.
Os veciños sinalean que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, “os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares”.
Desde a Asociación entenden que “debe ser unha prioridade” mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis, e que o goberno municipal debe esixir Vitrasa que mellore este servizo debidamente.
Os veciños sinalan que pediron dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, “sen recibir até o de agora ningunha resposta”, para propoñer que as liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos.