É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA selección galega de taekwondo volve de Luxemburgo con 4 ouros, unha prata e bronce
Grandísimos resultados da selección galega de taekwondo no Open de Luxemburgo, disputado esta fin de semana, do que o equipo galego regresou con seis medallas no peto: catro ouros, unha prata e un bronce.
Na categoría cadete medalla de ouro para Noah Pena tras vencer en tres combates e para Pablo Patiño, mentres que Iker García de la Llera acadou prata a pesar da gran competición feita e Ana Dosil levou bronce.
Na categoría junior, pleno para os deportistas galegos, xa que Adrián Pombo e Tania Castiñeira acadaron medalla de ouro.