Meteogalicia ven de activar o nivel de alerta laranxa nas zonas do interior da provincia de Pontevedra, onde esta tarde se superarán os 35 graos de temperatura.
Dacordo coa previsión de MeteoGalicia, as altas presións serán as protagonistas da meteoroloxía sobre Galicia nesta xornada. As temperaturas, tanto mínimas semanterán moi altas, con intensa sensación de calor.
Os consellos ante esta baga de calor son : pasar polo menos dúas ou tres horas ao día nun lugar fresco; refrescarse e mollar o corpo varias veces ao día; beber moita auga e, no caso dos anciáns deben inxerir litro e medio de auga ao día e comer con normalidade, ademáis hai que evitar saír nas horas de maior intensidade do sol.