José Enrique Henríquez confirma a súa presenza no equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para a próxima tempada 2016/2017, tempada na que o Seis do Nadal participará por primeira vez na súa historia en dita competición.
José Enrique Henríquez, nado no ano 1992 na República Dominicana, súmase as renovacións que se fixeron públicas a semana pasada de Alexandre Pérez e Óscar García. Cumprirá a súa terceira tempada na entidade olívica despois da sua incoporación na campaña 2014/2015, polo que foi un dos xogadores implicados no Ascenso a Liga EBA da pasada tempada.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia segue sendo o seu principal obxectivo renovar aos xogadores que estaban no equipo na pasada tempada 2015/2106, tempada na que se conseguiu o Ascenso a Liga EBA e así se demostra con esta terceira renovación para o equipo.