O alcalde visitou este martes pola maña o espazo privado de uso público que conforman os números 30, 32 e 34 de A Florida, unha zona que ven de ser rehabilitada, coa cooperación do Concello.
Acompañado pola comunidade de propietarios, Caballero visitou a medianeira que o Concello está a adecentar, unha iniciativa que se sumará á humanización das rúas do contorno, unha vez que A Florida xa foi remodelada. Segundo explicou en rolda de prensa, o goberno vai afondar na mellora dunha zona da cidade moi poboada que estivo abandoada moitos anos.
En declaracións aos medios, o alcalde lembrou que o Concello ten aberta unha liña de axudas para rehabilitar zonas privadas de uso público, como a que visitou esta mañá.