No pisará la cárcel
Leer másExtinguido o incendio de Lalín, que arrasou 21 hectáreas, e controlados os de Lobios e Ribas de Sil
Medio Rural ven de dar por extinguido o incendio que empezou este luns na parroquia de Lebozán, no concello de Lalín e que, segundo as primeiras estimacións, arrasou 21 hectáreas de monte raso e arbolado. Nos traballos de extinción do lume participaron un técnico, cinco axentes, 15 brigadas, sete motobombas, 1 pa e seis helicópteros.
O Goberno de Galicia sinalou, ademáis que está controlado o lume que empezou preto das 11 e media da noite de onte na parroquia de Torno, no conccello ourensán de Lobios. O incendio, que empezou pasadas as 2 e media da tarde deste luns xa queimou 39 hectáreas. No traballo de extinción participan un técnico, seis axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, unha pa e sete helicópteros.
Finalmente, también está controlado o incendio forestal iniciado á 4 da tarde deste luns no concello lucense de Ribas de Sil. O lume, que xa arrasou 18 hectáreas, precisou o traballo de 2 técnicos, 6 axentes forestaiss, 13 brigadas, seis motobombas, unha pa e sete helicópteros. No mesmo, 5 operarios resultaron feridos, un deles de gravidade.